|
Por segunda vez MANUEL SUAREZ MORLAN do Billar Lalín, S.D. consegue subirse a todo o máis alto do pódium, ao proclamarse CAMPION no XCVII Open Autonómico de Billar a Tres Bandas celebrado no Círculo de Chantada, cunha participación de 47 xogadores de toda Galicia.
Despois dunha final, co xogador do Sporting Club Casino da Coruña Xosé Manuel Manteiga bastante igualada en principio, pero despois e ata entrada 33, Manteiga lograba unha ventaxe de ata 12 puntos, pero aos poucos Suárez foi recortando diferenzas ata chegar á entrada 45 en que finalizou o encontro, cun resultado de 40 a 35.
En Semifinais Manuel Suárez venceu ao xogador do Círculo das Artes Xoan R. Somoza por un 40 a 23 en 50 entradas. E Xosé M. Manteiga enfrontouse a Samuel García do Club Billaristas Errantes, ao que gañou por un tanteo de 40 a 32 en 44 entradas.
PARABÉN A TODOS |
|