GUSTAVO VARELA VILA, do Círculo Mercantil de Vigo, ha saboreado por primeira vez, o pracer de proclamarse CAMPIÓN no LXXVI Campionato Autonómico de Billar a Tres Bandas, organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela do 2 ao 14 de febreiro.
A proclamación de Campión tivo lugar logo de vencer ao seu compañeiro de Club Juan Manuel Casal nunha disputada partida na que o resultado final foi de 30 - 28 ao seu favor.
Nas partidas de semifinais, Gustavo Varela venceu ao seu tamén compañeiro de Club Jorge Montero por 34 - 21 nas 50 entradas, pero a partida estrela foi a disputada polo xogador do Sporting Club Casino e número uno do ránking Jose Manuel Manteiga e o xogador do Mercantil Juan Manuel Casal, a cal logo dun desenvolvemento moi axustado alzouse coa vitoria o xogador do Mercantil Juan Manuel Casal, por un 40 - 35 en 41 entradas.
Hai que destacar que é a primeira vez nun campionato que dos cinco primeiros clasificados, catro pertencen ao mesmo Club, o Círculo Mercantil de Vigo, cos seus xogadores: Gustavo Varela, Juan Manuel Casal, Jorge Montero e Samuel García que quedaron clasificados no 1º, 2º, 4º e 5º postos respectivamente.
Na entrega de premios contouse coa presenza do titular dá Consellería de Deportes do Excmo. Concello de Redondela, un representante da Deputación de Pontevedra o Presidente do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e o Presidente dá Federación Galega de Billar.
Enhorabuena a todos os premiados |