|
Samuel García Ballesteros, do Club Billaristas Errantes, proclamouse Campión do Campionato Galego de Billar a Tres Bandas, celebrado no Círculo Cultural Recreativo de Chapela dp 25 de febreiro ao 5 de marzo. Campionato dedicado á memoria do que fose xogador do Círculo: XOSE ENRIQUE RODRIGUEZ ROMERO.
Alzouse co título ao vencer na final ao número un do ránking XOSE MANUEL MANTEIGA, por un tanteo de 39 a 35 nas 50 entradas. nun partido oi disputado e que ata a última entrada non se soubo o gañador.
Xosé Manuel Manteiga, do Sporting Club Casino da Coruña, accedeu á final logo de vencer en Semifinais ao xogador do Círculo de Artesáns: Manuel Suárez Morlán por 40 a 27 en 39 entradas.
Pola súa banda Samuel García venceu na outra Semifinal ao xogador do Club Billar Ourense: Xosé Ramón Loeda Montoto por 40 a 35 en 46 entradas.
Hai que destacar a gran cantidade de público, que abarrotou a sala, para presenciar a Final, e na cal tamén contamos coa presenza do Concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, de D. Carlos López Font en representación da Deputación e do Presidente da Federación Galega de Billar.
Unha vez finalizado o campionato, tivo lugar no Salón de Actos a entrega de premios, no transcurso da cal fíxoselles entrega aos Familiares de Xosé Enrique Rodríguez Romero, dun cadro que para tal fin pintouno o seu compañeiro e amigo Xesús Novo Roibas. |
|