|
|
|
XOSE ANTONIO NEGRO gaña o IV Trofeo |
|
|
|
XOSE ANTONIO NEGRO gaña o LXXXVII Campionato Autonómico de billar a Tres Bandas, celebrado no Círculo Cultural de Chantada.
Cabe destacar que esta Final, xogada por XOSE ANTONIO NEGRO do Billar Club Pontevedra e SAMUEL GARCIA do Club Billaristas Errantes, foi das que ven poucas veces e é que Samuel empezou arrasando, chegando o partido ao descanso cun tenteo de 20 a 14 en 18 entradas, a favor de Samuel. Xa na segunda parte a cousa parecía que ía continuar coa mesma traxectoria, pero José Antonio Negro aos poucos foi gañando terreo e na entrada 43 empataba o partido a 37 carambolas e ata o final do partido tanto un como o outro ían neutralizando as carambolas que facía o contrario, chegando ao final do encontro cun empate a 40 carambolas en 45 entradas, polo que había que desempatar e non puido ser no primeiro, xa que volveron empatar, pero no segundo saíu vitorioso XOSE ANTONIO NEGRO por 3 a 2.
Nas Semifinais Samuel García saía vitorioso no seu enfrontamento co xogador Antonio Fontes do Club Billar Lalín, ao que venceu por 33 a 23 nas 50 entradas. Pola súa banda José Antonio Negro venceu ao tamén xogador do Club Billaristas Errantes, Gustavo Varela por 40 a 28 en 45 entradas.
NOSA MAIS CORDIAL FELECITACIÓN A XOSE ANTONIO NEGRO
|
|
|
|
|
También te pueden interesar |
|
|
|
|
|