XOSE MANUEL MANTEIGA do Sporting Club Casino da Coruña, proclamouse, nunha excepcional partida, CAMPIÓN do LXXX Campionato Autonómico de Billar a Tres Bandas, III TROFEO RIBEIRA SACRA. Torneo que se celebrou do 23 de Novembro ao 5 de Decembro do 2015, na Sei do Club de Billar do CIRCULO CULTURAL RECREATIVO de CHANTADA, cunha participación de 38 xogadores, procedentes de toda a Comunidade Autónoma.
Xosé Manuel Manteiga saíu vitorioso despois dun extraordinario enfrontamento con Ricardo González do Circulo Cultural Recreativo de Chapela, por un resultado de 40 a 26 en 27 entradas.
Non se recorda unha Final, en toda a historia dos campionatos autonómicos celebrados, como a que presenciamos neste campionato, Manteiga obtivo un promedio de 1.481 e o perdedor Ricardo González quedouse a escasa décimas do 1.
A partir de agora sempre se recordará esta final celebrada en Chantada, como a mellor final dun Campionato Autonómico, de todos os tempos.
Grazas ao amigo Manteiga polo expectáculo que nos brindou neste campionato.
FELICIDADES E ENHORABUENA |