O xogador do Club Billaristas Errantes volveu revalidar o título de campión tras vencer ó seu compañeiro de clube Jorge Montero por 40-28 en 45 entradas.
Varela dominou o torneo cun xogo moi sólido durante todo o torneo.
Nas semifinais Varela eliminou ó seu compañeiro Samuel García ó vencer por 27-40 en 44 entradas. Jorge Montero fixo o propio nas semifinais contra Rogelio Fortes do C.C.R. Chapela, o que venceu nunha excepcional partida por 40-19 en 30 entradas, superando ampliamente o 1 de promedio.
Déronse cita no Club Billaristas Errantes 20 xogadores de toda a provincia que xogaron unha fase previa de grupos e unha fase final a eliminatoria directa.
Á entrega de premios acudiron Daniel Benavides, Delegado Provincial de Deportes da Xunta, Mateo Alonso, Presidente da Federación Galega e José Cabaleiro, xerente de Serinte que fixeron a entrega dos premios ós gañadores. |