O xogador do Sporting Club Casino de A Coruña José Manuel Manteiga, ven de proclamarse campión galego de tres bandas tras vencer na final ó xogador do Artesanos de A Coruña Juan Somoza por 38-32 en 50 entradas.
Semifinalistas foron Luis Manuel Fernández, do Círculo de Chantada e Manuel Suárez do Círculo de Artesanos.
O torneo celebrouse no Círculo de las Artes de Lugo e contou coa participación de 52 xogadores de toda Galicia.
No acto de clausura, Mateo Alonso, presidente da Federación Gallega de Billar, presentou o Campionato de España de Tres Bandas, que terá lugar no Hotel Scala de Padrón no mes de xaneiro de 2024. |