O xogador do BC Pontevedra, José Antonio Negro, proclamouse campión do IX Trofeo Ribeira Sacra de Billar a Tres Bandas tras vencer na final ó xogador do Billaristas Errantes Samuel García por 28-25 en 50 entradas.
Semifinalistas foron os xogadores do Círculo de Chantada Francisco Gómez e John Martínez.
Na clausura entregaronse tamén os trofeos da Copa Galicia, na que se proclamou campión o C.C.R. Chapela, e subcampión o Billaristas Errantes. |