O xogador do Sporting Club Casino de A Coruña, José Manuel Manteiga fíxose co título de campión no CIV Open Autonómico de Billar a Tres Bandas - Memorial Modesto Lozano, que ven de finalizar o pasado día 4 nas instalacións do Círculo Cultural Recreativo de Chapela.
Na final, o xogador coruñés venceu o xogador local Rogelio Fortes nunha disputada final que foi dominada polo xogador coruñés, pero na que nunca se conseguiu distanciar moito. Con este motivo a final foi moi emocionante, xa que calquera dos dous xogadores puido facerse coa victoria final.
Nas semifinais, Fortes venceu a Samuel García do Billaristas Errantes, que acadaría a terceira posición, e Manteiga a José Antonio Negro, do B.C. Pontevedra, que remataría en cuarta posición.
Durante o acto de clausura, ademáis da habitual entrega de premios, fíxose unha emotiva homenaxe a Modesto Lozano e fíxose entrega dun recordo á familia do recentemente finado. |