XOSE MANUEL MANTEIGA do Sporting Club Casino de A Coruña, unha vez mais proclamouse CAMPION no "OPEN SAN FROILAN". Torneo que se celebrou do 30 de setembro ao 5 de outubro do 2019, na Sé do Club de Billar do Círculo das Artes de Lugo.
Cunha participación de 42 xogadores, procedentes de toda a Comunidade Autónoma.
Xosé Manuel Manteiga saíu vitorioso na final con Samuel García, do Club Billaristas Errantes, logrando alzarse coa vitoria despois de remontar unha partida, na que case todo o mundo dábanlla por perdida, xa que na entrada 32 perdía por 16 puntos, pero primeiro conseguiu unha tacada de 10, despois una de 5 e logo una de 6 e xa se puxo por diante cun 37 a 35, aínda pasaron varias entradas ata que conseguiu chegar ás 40, finalizando o encontro 40 a 36 en 46 entradas. Xa vencera en Cuartos de Final a Luis Manuel Fernández García do Círculo de Chantada, e en Semifinais a Manuel Suárez do Club Artesáns.
Por a súa parte, Samuel García venceu en Cuartos de Final ao seu compañeiro de Club Jorge Montero por un resultado de 25 a 21, e en Semifinais ao xogador do Club Billar Pontevedra Xosé Antonio Negro por 38 a 29.
Nosa mais cordial felicitación a
XOSE MANUEL MANTEIGA |