|
XOSE FRANCISCO LOZANO do Club de Billar do Círculo de Chantada, proclamouse CAMPION GALEGO de Billar a Tres Bandas da Tempada 2014 - 2015.
Organizado polo Círculo Cultural de Chantada, celebrouse desde o 9 ata o pasado sábado 22 de novembro o LXXV Campionato Autonómico de Billar a Tres Bandas, cinsiderado o CAMPIONATO GALEGO da presente Tempada Deportiva.
Proclamouse CAMPIÓN o xogador do Club Organizador XOSE FRANCISCO LOZANO PRADO, despois de vencer ao xogador do C.C.R. de Chapela ROXELIO FORTES PAN, por 31 a 18 nas 50 entradas.
En Semifinais, Xose Francisco Lozano alzouse coa vitoria no desempate. despois de finalizar o partido 34 a 34, fromte ao xogador do Círculo Mercantil de Vigo, Samuel García ao fallar este a contrasaida. No desempate o xogador de casa fixo unha tacada de 6 carambolas e o xogador do Mercantil volveu a fallar a súa saída.
Na outra semifinal Roxelio Fortes venceu ao xogador de Círculo das Artes de Lugo Xosé Antonio Negro, nun apertado partido, ao sair vitorioso por un 40 a 38 nas 50 entradas.
NOSA MAIS CORDIAL FELICITACIÓN AO CAMPIÓN |
|