|
EMILIO GOMEZ GALKINA conseguiu, por primeira vez, o título de CAMPIÓN ao gañar o LXXI Campionato Autonómico de Billar a Tres Bandas, organizado polo Sporting Club Casino de A Coruña, na 7ª planta da sua Sé Social da rúa Real.
Conseguiu a vitoria ao vencer ao xogador do C.C.R. de Chapela Samuel García Ballesteros no desempate, xa que a partida finalizou con empate a carambolas.
Campionato con sorpresas, xa que dos oito primeiros do ránking, soamente tres disputaron os Cuartos de Final.
O disputadas que estiveron todas estas partidas queda demostrado nos resultados obtidos: No enfrontamento entre Ivan Nuñez (C. Chantada) e Ricardo González (C. Mercantil), finalizou coa vitoria deste último por 22 - 21. Na de Samuel García (C.C.R. Chapela) e M. Suarez Morlán (C. Artesans), tamén foi o primeiro o vencedor por 31 - 28. No enfrontamento entre Xosé Manuel Pérez (C. Artes) e Gustavo Varela (C.C.R. Chapela), foi este último o vencedor por 30 - 29. E na outra partida de Cuartos enfrontáronse Xosé Manuel Manteiga (Sporting) e Emilio Gomez Galkina (Sporting), conseguibdo este último alzarse coa vitoria por un 31 - 29.
Durante a entrega de premios o representante do C.C.R. de Chapela e Subcampión deste Campionato: Samuel García, expuso ante todos os presentes que o próximo campionato autonómico que vaise celebrar no seu Club, no mes de Maio, será dedicado á memoria do falecido compañeiro de Club: XOSE ENRIQUE RODRIGUEZ ROMERO.
|
|