|
|
|
SAMUEL GARCIA Campión Provincial Absoluto |
|
|
|
SAMUEL GARCIA, do Círculo Cultural Chapela, proclamouse CAMPIÓN PROVINCIAL ABSOLUTO da Provincia de Pontevedra.
No Campionato Provincial ABSOLUTO de Billar a Tres Bandas, organizado polo Billar Club Pontevedra e que finalizou o pasado sábado día 8 do presente mes de Febreiro, volveu ser SAMUEL GARCÍA quen conseguiu o primeiro posto da clasificación xeral do mesmo, ao vencer na Final ao xogador do Círculo Mercantil RICARDO GONZALEZ, por 40 a 17 en 34 entradas.
En semifinais Samuel enfrontouse a Jorge Montero do Mercantil, nunha partida moi disputada, aínda que o marcador reflectise ao ir ao descanso na entrada 11, que Samuel vencía por 20 a 5. Jorge na segunda parte, aproveitando un baixón que sufriu Samuel, foi aos poucos diminuíndo esa diferenza ata chegar ao tenteo final de 36 - 32 a favor de Samuel.
Na outra semifinal enfrontáronse PEDRO BOGAS do B.C. Pontevedra e RICARDO GONZALEZ do Mercantil, tamén moi disputada, xa que ata o final da partida aínda que Ricardo ía por diante, pero sempre cun marcador moi apertado con moi escasa vantaxe, como queda reflectido no 40 - 37 en 40 entradas, con que finalizou a partida a favor de Ricardo.
A NOSA MAIS CORDIAL FELICITACIÓN
|
|
|
|
|
También te pueden interesar |
|
|
|
|
|