|
XOSE MANUEL MANTEIGA do Sporting Club Casino de A Coruña, proclamouse CAMPIÓN no “I TROFEO RIBEIRA SACRA”
Torneo que se celebrou do 26 de Novembro ao 7 de Decembro do 2013, na Sé do Club de Billar do CIRCULO de CHANTADA, primeiro campionato autonómico celebrado neste Club desde o seu fundación.
Con moi boa participación, xa que foron 48 os participantes no mesmo, procedentes de toda a Comunidade Autónoma.
Xosé Manuel Manteiga saíu vitorioso na Final, despois dun disputadísimo enfrontamento con José Francisco Lozano do Club local, xa que este foi diante no marcador durante case todo o partido pero Manteiga, cando faltaban poucas entradas, logrou remontar e alzarse coa vitoria por un tenteo de 38 a 32.
Xosé Manuel Manteiga xa vencera en cuartos de final a Xoán Ramón Somoza e en semifinais a Luís Manuel Fernández, ambos xogadores tamén pertencentes ao Club organizador.
A entrega de trofeos tivo lugar durante a cea de clausura que se celebrou no mesmo local unha vez finalizado o campionato.
A nosa máis cordial enhorabuena ao Club Círculo de Chantada pola organización do campionato e a atención, que en todo momento, prestaron aos xogadores.
FELICIDADES
|
|