SAMUEL GARCIA conseguiu proclamarse CAMPIÓN no Campionato Provincial organizado polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela, ao vencer na Final ao tamén xogador do Club organizador Rogelio Fortes, por un 40 - 36 en 47 entradas.
Partida moi disputada no tramo final, xa que o amigo Samuel foi por diante durante toda a partida, con bastante vantaxe, pero a medida que se achegaba o final, era Fortes o que tomaba o mando recortando a vantaxe que lle levaba o contrario, pero chegando á entrada 47, Samuel conseguiu chegar á carambola 40 e Fortes, a pesar de ter a contrasaída, non puido alcanzalo.
Para a entrega de premios contouse coa presenza do titular da Concejalía de Deportes do Excmo. Concello de Redondela, o Presidente da Federación Galega de Billar, o Presidente do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e o Delegado da sección de billar do Círculo Mercantil.
PARABÉN SAMUEL. |