GUSTAVO VARELA VILA do Club de Billar Billaristas Errantes, proclamouse CAMPION GALEGO de Billar a Tres Bandas da Tempada 2020 - 2021.
Organizado polo Club de Billar “Billaristas Errantes”, celebrouse desde o 7 ata o pasado sábado 15 de maio do 2021 o CII Campionato Autonómico de Billar a Tres Bandas, considerado o CAMPIONATO GALEGO da presente Tempada Deportiva.
Proclamouse CAMPIÓN o xogador do Club Organizador: GUSTAVO VARELA VILA, despois de vencer ao xogador ANTONIO FUENTES do Billar Lalín, S.D., por 40 a 27 en 38 entradas.
En Semifinais, Gustavo Varela alzouse coa vitoria despois de gañar por 38 a 32, ao xogador do Billar Club Pontevedra, Xosé Antonio Negro.
Na outra semifinal Antonio Fuentes venceu ao xogador do Sporting Club Casino de A Coruña Emilio Gómez Galkina, ao saír vitorioso por un 40 a 34 en 48 entradas.
NOSA MAIS CORDIAL FELICITACIÓN AO CAMPIÓN |