O xogador do Sporting Club Casino de A Coruña José Manuel Manteiga venceu no III Trofeo Reconquista de Vigo de Billar a Tres Bandas que tivo lugar nas instalacións do Club Billaristas Errantes.

Manteiga venceu na final ó xogador do Círculo de Chantada John Anderson Martínez por un marcador de 40-20 en 43 entradas.

Semifinalistas foron Juan Rey de Billaristas Errantes e Gaspar Padín do Billar Grovense.

Con estes resultados, Manteiga colócase como novo número 1 do ranking galego, posto que perde José Antonio Negro.

A vindeira cita será en Viveiro no mes de maio.