Portada Noticias Campeonatos Imágenes    
     
XOSE MANUEL MANTEIGA proclámase CAMPION do San Froilán
Fecha: 14/10/2019 Tags: Billar a tres Bandas
 
Fue vista
 
Fue votada
1926 veces
 
1674 veces
    Vótala
 
Tags  
Billar a tres Bandas  
   
   

          XOSE MANUEL MANTEIGA do Sporting Club Casino de A Coruña, unha vez mais proclamouse CAMPION no "OPEN SAN FROILAN".  Torneo que se celebrou do 30 de setembro ao 5 de outubro do 2019, na Sé do Club de Billar do Círculo das Artes de Lugo.


          Cunha participación de 42 xogadores, procedentes de toda a Comunidade Autónoma.


           Xosé Manuel Manteiga saíu vitorioso na final con Samuel García, do Club Billaristas Errantes, logrando alzarse coa vitoria despois de remontar unha partida, na que case todo o mundo dábanlla por perdida, xa que na entrada 32 perdía por 16 puntos, pero primeiro conseguiu unha tacada de 10, despois una de 5 e logo una de 6 e xa se puxo por diante cun 37 a 35, aínda pasaron varias entradas ata que conseguiu chegar ás 40, finalizando o encontro 40 a 36 en 46 entradas.  Xa vencera en Cuartos de Final a Luis Manuel Fernández García do Círculo de  Chantada, e en Semifinais a Manuel Suárez do Club Artesáns.


        Por a súa parte, Samuel García venceu en Cuartos de Final ao seu compañeiro de Club Jorge Montero por un resultado de 25 a 21, e en Semifinais ao xogador do Club Billar Pontevedra Xosé Antonio Negro por 38 a 29.


 


Nosa mais cordial felicitación a


XOSE MANUEL MANTEIGA

   
También te pueden interesar
punto Jose Manuel Manteiga quinto no VIII Gran Premio de España Comunidad de Madrid
Tags: tres bandas, Manteiga, nacional, madrid
punto Jorge Montero, campión do II Trofeo Reconquista de Vigo de Billar a Tres Bandas
Tags: billar, tres bandas, vigo
punto CAMBIO DO DIA DAS VOTACIÓNS
Tags: Nova data da xornada electoral
punto XOSE MANUEL MANTEIGA proclámase CAMPEÓN en Chantada
Tags: Autonómico 3 bandas
  Mas noticias
 
     
 
Secciones
   Campeonatos y clasificaciones
   Documentación
   La Federación Española
   Contacto
   Links
   
 
eu son dgan
Non fronte á violencia de xénero
Federación Galega de Billar - Luis Casado 17 Ofic. 19 - 36209 - fegabi@fegabi.es